Programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.
Os nenos e nenas dunha maneira totalmente lúdica poderán ir explorando e descubrindo o Camiño de Santiago coa axuda de Tina Calixtina en 10 capítulos que permiten coñecer a simboloxía do Camiño, os recursos naturais e patrimoniais ata chegar á Oficina do Peregrino para obter a Compostela e ver a Catedral e o botafumeiro.
Xustificación
Con motivo da celebración do Ano Santo, Xacobeo, e que por causas excepcionais vaise estender a dous anos, 2021-2022 é necesario dar a coñecer accións que poñan en valor este patrimonio tan noso e universal como é o Camiño de Santiago.
Obxectivos
Contribuír a que o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria coñeza o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que se empraza o seu centro educativo.
Implicar aos alumnado galego nunha acción na que o Camiño de Santiago e o Xacobeo sexan os temas principais.
Darlle protagonismo ao alumnado como voceiros e divulgadores do Camiño de Santiago e do Xacobeo.
Actividades
Contacontos:
Actividade presencial nos propios centros. Sesión de contacontos a través da escenificación e a palabra, se transmitirá aos alumnos/as os valores do Camiño e do Xacobeo.
Saídas:
Percorrido por un pequeno tramo do Camiño de Santiago, acompañados por un narrador–conta contos que lles conte historias do Camiño de Santiago e do Xacobeo e responda as preguntas dos/as alumnos/as.
Os gastos de transporte ata o punto inicial do Camiño de Santiago serán asumidos polo centro educativo.
Apoio e asesoramento ao profesorado: por correo electrónico e/ou teléfono.
Recursos
Materiais educativos: unidade didáctica, xogo interactivo do camiño de Santiago.